jueves, 21 de febrero de 2008

CURRICULO

Nace en Goián no ano 1983. Comeza os estudos de trompeta no seo da “Agrupación Musical de Goián”, da cal é membro fundador xunto co mestre D. Xoan Carlos Díaz Álvarez. Ingresa máis tarde no “Conservatorio Profesional de Música de Vigo” para estudar co mestre D. José Vicente Simeó Máñez e posteriormente con D. Javier González Lamas, co que estuda na actualidade.

Realiza cursos de perfeccionamento de trompeta cos máis prestixiosos mestres e solistas como D. Enrique Rioja Lis (trompeta solista da orquestra de R.T.V.E.), Juanjo Serna e Carlos Benetó (trompetas do quinteto de metais Spanish Brass Luur Metalls), Fred Mills (ex trompetista de Canadian Brass), Bo Nilsson (trompeta solista da Orquestra Sinfónica de Malmö, Suecia), Filipe Queirós (tubista da OMWO), Luís González (trompeta solista da O.S.M.) e Javier Simó (trompeta solista da Real Filharmonía de Galicia) entre outros.

No campo da composición bandística compuxo varias obras, sendo "Gaudila", fantasía galega para banda, seleccionada como Obra obrigada para a 3ª sección do "VII Certame Provincial" que organiza a Excelentísima Deputación de Pontevedra.

Na actualidade é membro da “Agrupación Musical de Goián” e da “Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares”.

Colaborou coa "Orquestra Sinfónica de Gijón" tocando na banda interna da ópera "La Traviata" de G. Verdi.

Participou no I encontro de Bandas Sinfónicas dos Conservatorios profesionais de música de Galiza, realizando concertos en A Coruña, Santiago de Compostela e Pontevedra baixo a experta batuta do mestre Jan Cober.

Habitualmente colabora coas bandas do sur de Galiza e norte de Portugal.

Na actualidade imparte clases na especialidade de vento-metal na escola de música da “Agrupación Musical de Belesar” (Baiona) e de vento-metal e solfexo na escola de música da “Agrupación Musical de Goián”, dirixindo tamén a banda infantil de dita agrupación, labor que compaxina coa de técnico de “Radio Voz Pontevedra”.

No hay comentarios: